Memorias dun neno labrego

Xosé Neira Vilas

book-cover

Book Description

Memorias dun neno labrego (1961) supuxo o inicio da carreira narrativa do autor. É unha novela autobiográfica de estrutura moi sinxela que profundiza na realidade da Terra, no subdesenvolvemento dun grupo de xentes aldeás. O autor conta dende a óptica crítica dun neno —Balbino— a vida dun rapaz mergullado nun mundo pechado, nunha aldea do interior de Galiza, ata que se ve obrigado a emigrar. A novela constitúe un fito singular na literatura galega debido ao seu éxito e impacto popular. A este feito contribúe a conciencia inxenua e crítica do protagonista —polo que esta ten de reveladora— e a grande eficacia narrativa da linguaxe e o ritmo da súa prosa.

Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas naceu no ano 1928 na aldea de Gres —Vila de Cruces, Pontevedra—. Procedente dunha humilde familia campesiña, pasa a súa infancia e mocidade no mundo rural, que máis tarde recreará nas súas obras. No 1949 emigra a Buenos Aires. Na capital arxentina alterna o traballo coa formación autodidacta, vencellándose co espírito da Terra Read more »