About The Book

Memorias dun neno labrego (1961) supuxo o inicio da carreira narrativa do autor. É unha novela autobiográfica de estrutura moi sinxela que profundiza na realidade da Terra, no subdesenvolvemento dun grupo de xentes aldeás. O autor conta dende a óptica crítica dun neno —Balbino— a vida dun rapaz mergullado nun mundo pechado, nunha aldea do interior de Galiza, ata que se ve obrigado a emigrar. A novela constitúe un fito singular na literatura galega debido ao seu éxito e impacto popular. A este feito contribúe a conciencia inxenua e crítica do protagonista —polo que esta ten de reveladora— e a grande eficacia narrativa da linguaxe e o ritmo da súa prosa.